Dende a Limia
19:27 h. Sábado, 20 de Octubre de 2018

O Entroido a piques de ser Internacional

| 07 de Agosto de 2018 (00:18 h.)

A concellería de Cultura e Festas do Concello de Xinzo de Limia rematará este este xoves o dossier cos requerimentos necesarios para delcarar o Entroido unha Festa de Interese Turístico Internacional. Unha vez rematado uniráse  as 10  insercións publicitarias internacionais, co que se completa o expedente para poder facer entrega do dossier completo na Xunta de Galicia, que unha vez revisado enviará a  Secretaría de Estado, xa que todos os trámites requeridos para poder optar o título, entre os que estaba a aparición publicitaria en dez medios escritos, (xornais, revistas..) de tirada internacional.

“El carnaval más largo de España"

22222Este  foi o slogan elexido para aparecer xunto a Pantalla nas pezas publicitarias que foron aparecendo dende o pasado mes de abril ata xunio. 

Os xornais e revistas que promocionaron o entroido son de carácter moi variado, dende prensa diaria como son o “The Daily Telegraph” Británico ou “La Repubblica” Italiana ata revistas de viaxes como son “Matkaopas” de Finlandia ou “Merian” de Alemaña. “La Stampa” ou “Le Monde” son outros diarios que publicitaron o noso Entroido. O símbolo co que o identifican, foi deseñado por Patricia Joga, de Xinzo de Limia. O dossier incluirá a documentación relativa a todos os aspectos que engloba o Entroido, dende as asociacións culturais e entidades implicadas na celebración, as datas e o ciclo festivo no que aparecen todos os días de celebración, dende o Petardazo ata o Domingo de Piñata. Tamén inclúe información sobre os compoñentes da festa, os valores que leva consigo o Entroido.. E como non, as actividades de carácter cultural ou a relación dos servizos turísticos, os medios de transporte, a seguridade civil e incluso os aparcadoiros habilitados para os días da festa.


O noso Entroido leva sendo de Interese Turístico Nacional dende 1997, e agora opta a ser o terceiro carnaval de Interese Turístico Internacional, logo do de Tenerife e Cádiz. 
O grupo municipal fixo unha aposta pola internacionalización do entroido reservando unha partida de 18,000€ nos presupostos deste ano.