Dende a Limia
14:06 h. Domingo, 19 de Noviembre de 2017

A Escola Rural de Saúde da Limia reedita o seu taller sobre sexualidade

O. Ferreiro | 11 de Noviembre de 2017 (22:40 h.)

 

533"A verdadeira educación constitúe un proceso de humanización que non se restrinxe á mera transmisión de contidos, senón que ten como fin último a mellora do ser humano como persoa e que, máis aló dos procesos de adoctrinamiento baseados na asunción acrítica e irreflexiva dos contidos socioculturais, xira ao redor da utopía, á crítica da realidade existente e ás propostas de alternativa á mesma". Estas foron palabras da Dra. Mª Vitoria Carreira Fernández da Facultade de Ciencias da Educación de Ourense en abril de 2014. Pronunciounas no "Taller de Identidade Sexual" que no seu momento organizou a  Asociación Escola Rural de Saúde da Limia.

Agradecerase a achega simbólica de 2 euros a cada un dos asistentes para a cobertura de gastos por parte dos organizadores.

Agora será o Dr. Luís Prieto Robisco –sexólogo, médico de atención primaria na Carballeira e xeriatra– quen tomará a palabra no próximo taller sobre sexualidade que terá lugar na asociación limiá. "Debemos seguir na liña educacional para a poboación, pois é un aspecto fundamental do desenvolvemento persoal en todas as etapas da vida", sinalan os organizadores.

Esta nova edición do taller dará comezo o vindeiro mércores 15 de novembro e prolongarase durante un total de seis días nos que o Dr. Prieto estará acompañado por Silvia García Ríos –sexóloga especializada en terapia de parellas e DUE–, nos que se englobarán aspectos sociais, médicos e psicolóxicos dentro dun fío condutor cultural, próximo e adaptado a todo tipo de asistentes.

Os talleres están abertos a toda a cidadanía e terán lugar na aula da Asociación Escola Rural de Saúde dá Limia –situada na 1ª planta da Casa da Cultura de Xinzo de Limia–. É precisa a inscrición previa na propia aula ou ben a través do teléfono 603784435 e correo electrónico escolaruraldesaudedalimia@yahoo.es. 

Agradecerase a achega simbólica de 2 euros a cada un dos asistentes para a cobertura de gastos por parte dos organizadores.