Dende a Limia
01:15 h. Sábado, 21 de Octubre de 2017

Estudo das alegacións a planta de Parada

| 30 de Julio de 2017 (21:14 h.)

Mañá luns, está prevista  a  Xunta de Goberno, na súa reunión habitual , na que se poderían ver  os informes que os técnicos do Concello fixeron sobre as alegacións feitas polos veciños ,a planta de Parada.

Despois do estudo dos informes, a Xunta de Goberno podería emitir a resolución. Esta resolución podería coñecerse  esta mesma semana.

CONTENCIOSO ADMINISTRATIVO

De ser desfavorable ás intencións dos veciños, o último recurso sería plantexar xudicialmente un Contencioso Administrativo contra o Concello.

Antonio Pérez, alcalde da vila , non sabía o xoves pola mañá o resultado dos informes dos técnicos e o único que manifestou foi que , el persoalmente como veciño ,o que querería e que neses informes houbera  algo para poder darlle a volta a decisión administrativa. Como xa dixo no pleno , a decisión  nunca pode basearse en criterios persoais, se non lexislativos.