Dende a Limia
13:20 h. Jueves, 21 de Junio de 2018

Éxito de público na visita do músico Kepa Junkera a Xinzo de Limia

O. Ferreiro | 18 de Diciembre de 2017 (23:16 h.)
Kepa Junquera presentando un dos seus últimos traballos.
Kepa Junquera presentando un dos seus últimos traballos.

Na tarde de hoxe a sala de exposicións do Museo Galego do Entroido, en Xinzo de Limia, acolleu a presentación dos dous últimos traballos do acordeonista Kepa Junkera.

Kepa interpretou dúas composicións súas acompañado de David " O Grelo" e Fariñas. 

Tras tocar algúns dos seus novos temas, o músico –recoñecido internacionalmente e con grande pasión recoñecida pola música tradicional galega– impartiu unhas clases maxistrais con diferentes instrumentos tradicionais vascos feitos con madeira e pedras de mar. 

IMG_1730IMG_1735

Kepa interpretou dúas composicións súas acompañado de David " O Grelo" e Fariñas. 

Ao finalizar o acto, o concelleiro de Cultura, Carlos Gómez, fíxolle entrega dunha pantalla como lembranza do seu paso por Xinzo de Limia –paso polo que non cobrou absolutamente nada– e Gómez prometeu que volvería a Xinzo para deleitarnos cun concerto o ano próximo –esta vez cobrando–.

IMG_1741

Kepa Junkera é un músico e compositor vasco. Mestre da trikitixa, editou ata agora 13 álbums, gañando no 2004 o premio Grammy Latino ó Mellor Álbum Folk polo seu disco en directo 'K'.