Dende a Limia
16:00 h. Domingo, 19 de Noviembre de 2017

Exitosa charla do CRIXP da Pataca da Limia aos alumnos de Hostalaría do IES Lagoa de Antela

O. Ferreiro | 24 de Octubre de 2017 (19:49 h.)
Os alumnos de Hostalaría atentos á formación.
Os alumnos de Hostalaría atentos á formación.

Este martes día 24, ás 10:30 horas da mañá, os alumnos de Formación Profesional Básica de Hostalería do I.E.S. Lagoa de Antela, na súa aula de talleres participaron nunha charla impartida polo Consello Regulador da IXP Pataca de Galicia para coñecer e descubrir –polo miúdo– as características do tubérculo amparado por esta denominación, as súas aptitudes culinarias e o seu potencial gastronómico.

20171024_11224120171024_105227

Os asistentes coñeceron máis de preto este famoso tubérculo.

Esta actividade está formulada como complemento á súa formación e auxilio ás prácticas das súas ensinanzas. Nela estiveron presentes varios grupos do centro. Ao rematar o simposio, para completar a xornada, os alumnos –que estudan as disciplinas de cociña e servizos– prepararon unha serie de elaboracións con patacas en salgado.

20171024_10520020171024_105151