lunes 21.10.2019

Os feirantes tamén terán que colaborarar nás labores de limpeza de Xinzo

Pedirase a colaboración dos feirantes que se instalan cos seus postos mañá día 27 de Xullo e as seguintes feiras

Dende a Alcaldía en colaboración co Concelleiro de Infraestruturas e servizos estruturais, Rafa Penabad, Elvira Lama campaña limpezasolicitarán a colaboración de todos aqueles feirantes de venda ambulante que se instalen na feira do 27 de Xullo, e sucesivas, sobre o extremo de que deben respetar o que se recolle na Ordenanza propia, en materia de limpeza e recollida dos residuos que cada un deles poda xerar.
Será a Polícia Local a encargada de facer chegar un Bando, coa información de que deben de deixa o posto limpo e recollido a fin de evitar que gran parte do lixo quede nas rúas, prazas e na explanada do Toural. Tamén se advirte da posible sanción si non se fai o que está recollido na Ordenanza Municipal.

“Gran parte deses residuos, papel e bolsas de plástico, acaban na beira do río, degradando o medio ambiente, e incrementando as tarefas de limpeza dos servizos de limpeza do Concello”. Di Rafa. As feiras dos dias 14 e 27 de Xullo e agosto adoptan ser as máis concorridas do ano, con gran afluencia de visitantes e de feirantes.

“Por esta razón dende o Concello, comunicamos a través de un Bando municipal os deberes que teñen que cumprir  os donos e donas dos postas de venda ambulante que se queiran instalar nas feiras de Xinzo, así como as sanción que podan percibir en caso de incumprimento” di a alcaldesa Elvira Lama

As diversas Campañas levadas a cabo polo novo equipo de Goberno están a surtir efecto, xa que os veciños e veciñas da vila están máis sensibilizados e colaboradores. Xinzo limpo está nas mans de todos e todas, nas dos feirantes tamén!!. Di a nova Alcaldesa.