Domingo 21.04.2019

A Festa do Equecemento presente na asemblea anual das festas históricas e recreativas

Tivo lugar en  Mas de Las Matas (Teruel)

Representantes do Esquecemento
Representantes do Esquecemento

A asamblea anual da AEFRH celebrouse na localidade de Mas de las Matas, unha localidade pertencente a Comarca do Baixo Aragón, na provincia de Teruel, os pasados días 5, 6 e 7 de Abril. A ela acudiron María Méndez Mouriz e Conchi Ogea Conde, vicepresidenta terceira e tesoureira da AEFRH e expresidentas da Asociación Civitas Limicorum en representación da mesma.

ASAMBLEA TODOS

O día 5 as 20 horas os representantes das festas foron recibidos por o Alcalde de Mas de Las Matas, Pedro Pitarch Cañada que  tivo palabras de agradecemento a todos os alí desprazados. Os anfitrións e organizadores de ‘El Regreso del Comendador’, O Grupo de Estudios Masinos recibiron a todos os asistentes á  asamblea. O presidente da asociación Joaquín Mir Sancho na súa intervención manifestou: “Queremos conseguir todavía más promoción y que se conozca en todo nuestro Bajo Aragón nuestra recreación, de la que estamos tan orgullosos”.

Antonio Madrid, presidente da AEFRH na sua intervención manifestou  que, “Debemos engrandecernos más, conseguir más apoyo ciudadano y por supuesto institucional”.

Ao longo da xornada do sábado, e dende as 9 da maña sucedéronse as reunións propias da Asamblea, con cinco mesas de traballo, onde, ademáis dos temas ordinarios da xestión da asociación, formalizouse a incorporación de cinco novas festas.

Ao redor de 80 persoas, pertencentes a 31 recreacións históricas, participaron neste encontro. O broche final do sábado foi unha breve representación nos arcos do Concello, do acto de “El Regreso del Comendador” e posterior desfile ata o emprazamento donde tería lugar unha cea de gala.

A próxima Asamblea de 2020 terá lugar en Calatayud (Zaragoza)

A día de hoxe a AEFRH conta con 31 socios. Arde Lucus de Lugo, Astures y Romanos de Astorga (León), Carthagineses y Romanos de Cartagena, Festa do Esquecemento de Xinzo de Limia (Ourense), Guerras Cántabras de Corrales de Buelna (Cantabria), Mercaforum de Calahorra (La Rioja), Bodas de Isabel de Segura de Teruel, Festa da Istoria de Ribadavia (Ourense), Justas Medievales del Passo Honroso de Hospital de Órbigo (León), Exconxuraos de Llanera (Asturias), Semana Medieval de Estella (Navarra), Semana Renacentista de Medina del Campo (Valladolid), El Regreso del Comendador de Mas de Las Matas (Teruel), El Cronicón de Oña (Burgos), El Sinodal de Aguilafuente (Segovia), Lakuerter Ibera de Andorra (Teruel), Las Alfonsadas de Calatayud (Zaragoza), Ferias Íbero Romanas de Cástulo, de Linares (Jaén), Reino de Nájera, (Nájera- La Rioja), Homenaje a Guillem de Mont-Rodón, (Monzón), Fin de Semana Cidiano, (Burgos), Iberfesta Olocau, (Valencia), Festival Templario de Jerez de Los Caballeros, (Badajoz), Festival Medieval Villa de Alburquerque, (Badajoz), Privilegio de la Vara de Noja, (Cantabria) y Festival Ducal de Pastrana, (Guadalajara),  Feria Íbera (Cuenca) Barchín del Hoyo, Festa da Reconquista da Vila de Vigo, Fiesta Batalla de Atapuerca (Burgos), Jornadas Medievales de Cortegana (Huelva), Aillón Medieval (Segovia). Sendo estas últimas 5 as novas incorporacións.