Dende a Limia
04:43 h. Viernes, 17 de Agosto de 2018

AS FESTAS DE STA MARIÑA, UNHA SEMANA DE FESTA PARA TODOS OS PÚBLICOS

| 15 de Julio de 2018 (20:40 h.)

Este ano as festas están ateigadas de actividades, tanto relixiosas na honra da nosa Patroa como culturais e infantís, sen olvidar as verbenas amenizadas polas orquestas NEBRASKA, ARMONÍA SHOW E OLYMPUS que comezarán o día 17 en sesión de tarde noite ca actuación da OLYMPUS. O dia da Patrona serán os componentes de ARMONÍA SHOW os encargados de por a música e para rematar serán os Limiáns de NEBRASKA os que lle poñan o broche final as festas 2018 o domingo 22.

No apartado infantil o mércores estarán en Xinzo o grupo “Lila Teatro Infantil” e dous días de festa da escuma, unha no parque da Telleira e outro no parque do Galicia do Polígono. Non faltarán os magos que tanto lle gustan aos pequenos. Na Praza maior o sábado actuará o “Mago Romarís”

 

IV FESTIVAL INTERNACIONAL DE BANDAS DE GAITAS

Esta cuarta edición do festival internacional de bandas de gaitas, tamén entra dentro da semana das festas. Este ano achegaranse a Xinzo un grupo de Bretaña (Francia), un de Asturias, un de Ponte da Lima (Portugal), así como as duas bandas A e B de Xinzo e os aspirantes da Real Banda da Deputación. Este festival terá lugar na praza Carlos Casares o sábado 21.

Como en edicións antetriores e antes da actuación no festival as bandas percoreran rúas do casco urbán de Xinzo e o domingo pola maña, darán tamén unha alborada na Praza Maior e no casco vello.

 

ACTUACIÓNS ESTELAR

O xoves 19 será KEPA JUNKERA e SORGINAK ás 22,30h na Praza Carlos Casares e a I FESTA POPULAR “SANTA MARIÑA”. A Agrupación Musical da Limia será a encargada de organizar esta primeira festa ao longo de todo o día. Comezarán pola mañá con pasaruuas, xigantes e cabezudos e pola tarde noite con inchábeis e diversos concertos tanto de bandas locais como da Banda de Tenorio (Pontevedra). Rematarán o día cunha cea popular organizada pola Agrupación Musical da Limia e coa actuación do grupo Canela Cafuné e cun Dj.

 

AS PALABRAS DO CONCELLEIRO

Carlos López, concelleiro de Cultura, na súa intervención quixo deixar constancia que estas son unas festas totalmente municipais, contando eso si coa inestimable laboura de Alfonso, o técnico de cultura que foi o responsable de poner en orden o amplo programa. Tamén agradeceu a colaboración de José A. Parente e Julio Santana que tamén están a botar unha man, sobre todo na desagradable laboura de solicitar a colaboración vecinal. Recalcou tamén que estas son unas festas para todos os públicos, dende o primeiro ata o último día.