domingo 22.09.2019

Que foi de Óscar Rivero depois do 14 en selectividade?

‘’Os salarios deste tipo de traballo non che permiten vivir na mellor zona de Barcelona. Senón fora por becas sería imposible’’

PHOTO-2019-09-05-10-38-14 (1)
PHOTO-2019-09-05-10-38-14 (1)

2+ 2 = 4, con ecuacións tan simples como esta comezamos a nosa inmersión no mundo das matemáticas, pero, inevitablemente, chega un punto no que a causa da súa complexidade a maioría de nos abandonamos calquera relación con este tipo de disciplinas. Sen embargo, existen persoas como Óscar Rivero cuxa paixón polas matemáticas levouno a realizar un dobre grado en Matemática e Enxeñería Física na Universidade Politécnica de Barcelona.

PHOTO-2019-09-05-10-38-14 (2)

 

Pertencente á Comarca da Limia, Óscar é exalumno do instituto Cidade de Antioquía e forma parte do libro de honra de ilustres de Xinzo cando, á idade de 18 anos, sacou un 14 sobre 14 na selectividade de 2012 situándose entre os mellores expedientes de Galicia. Despois de rematar a carreira, cun 9’8 en matemáticas e un 9’4 en física, abandonou a parte física para centrarse máis na matemática ‘’polo de agora non teño pensado retomar a física porque, ao final, acaba sendo todo moi especializado entón acabas sabendo moito dun tema e dos temas colindantes tes unha idea aproximada’’. Seguindo esta mesma liña realizou un master relacionado con esta ciencia formal e posteriormente comezou un doutorado centrado na investigación matemática pura, concretamente na área da teoría de números, do que aínda lle faltan dous anos para rematar e que se chama Aplicacións Aritméticas dos Sistemas de Euler de Beilinson Flac e Cíclos diagonais. Afirma que, ‘’aínda queda moito por descubrir’’ e que agora está a traballar, dende o punto de vista máis teórico, cuns obxectos matemáticos chamados curvas elípticas con gran cantidade de aplicacións en criptografía, na transmisión de mensaxes e no encriptado das comunicacións, ‘’eu traballo con cuestións relacionadas, ao mellor, co teorema de Fermat ou con outros problemas abertos que falan de entender como son estas curvas elípticas’’. A meirande parte do seu traballo está feito en inglés xa que se establecen relacións con grupos de traballo internacionais que están a desenvolver a mesma temática noutras partes do mundo, ‘’é a lingua de traballo’’. Sen embargo non só domina o inglés, senón tamén francés e italiano e xa leva recorrido ao redor de 25 países.

0873b7df-22e2-42dd-b049-0617483c933dActualmente, ao contrario do que moita xente poida pensar, a investigación non é unicamente un traballo individualista e solitario, máis ben require da complementación entre comprensión individual e discusión conxunta. De feito o campo de estudo de Óscar conta unicamente con 200 persoas en todo o mundo que tratan o problema dende a mesma perspectiva empregando as mínimas ferramentas informáticas, ‘’a matemática máis pura e teórica segue sendo a de papel e lápiz’’. Sen embargo a meirande parte dos investigadores europeos e en concreto españois non gozan duns grandes salarios polo seu traballo, mais ben todo o contrario. "A persoa que se dedica a esto ten que ter vocación", pois na ciencia básica custa atopar financiación xa que España coa inercia da crise case non se abren prazas para poder desenvolver a investigación e máis en campos teóricos. Para Óscar máis inversión significaría un mellor resultado no ámbito industrial ao apostar pola ciencia dende a base como, por exemplo, Estados Unidos. Esta situación desemboca en que a maioría destes profesionais marchen de España e inclusive de Europa na procura dunhas oportunidades que se axusten ao que eles demandan. Pola contra e nun extremo oposto atópanse aqueles matemáticos que se dedican, por exemplo, ao sector financiero e que poden chegar a gañar ate 40.000 euros ao mes. ‘’Eu vivo nun estudo cara as aforas porque no centro da cidade é moi caro. Os salarios deste tipo de traballo non che permiten vivir na mellor zona de Barcelona. Senón fora por becas sería imposible’’. Becas que obtén da Caixa para o desenvolvemento de doutorados e para facer viaxes de traballo e tamén recibe axuda dos grupos de investigación dos que forma parte. Por outro lado, o seu oficio o compaxina con conferencias sobre as que afirma que é moito máis complicado a correcta elaboración da explicación dos temas a expor para as persoas que non son matemáticas que para as que desenvolven o seu labor dentro da mesma área ou nunha rama semellante. Ademais diso, cualifica de ‘’gran pena’’ o rexeitamento que as matemáticas causan nalgunhas persoas, ‘’eu creo que estaría ben intentar achegar as matemáticas á xente, que se lles perdese o medo’’.

De primeiras, a investigación é o que máis lle gusta, pero non descarta a posibilidade de dedicarse a outra cousa xa que as matemáticas teñen saídas moi diversas, ‘’no sector da empresa, por exemplo, cada vez hai máis oportunidades, máis variadas e con máis campos non que os matemáticos están moi solicitados’’. Agora está na universidade McGill en Montreal ate decembro para continuar co seu doctorado, pero non esquece as súas raíces e non desaproveita oportunidade para voltar a Xinzo.