Dende a Limia
22:38 h. Martes, 17 de Octubre de 2017

A Garda Civil celebrou a súa Patroa

| 12 de Octubre de 2017 (22:02 h.)

Como de costume, e con mais motivo este ano á celebración eclesiástica  da misa  na honra da Virxe do Pilar, no día da hispanidade,  asistiron as autoridades locais  e algunhas comarcais municipais, e representantes dos corpos de seguridade da Garda civil e a Policía Local de Xinzo.

465A misa foi cantada pola coral Antioquía e a mesma asistiron gran cantidade de  fregueses da parroquia. A celebración estivo presidida polo sacerdote   D. Jaime concelebrando D. Tomás e D. Camilo.

Este ano non houbo celebración no cuartel, como é costume, pois se suspendeu en solidaridade polos actos acaecidos en Cataluña.