Dende a Limia
19:26 h. Sábado, 20 de Octubre de 2018

O grupo de Ponte da Lima, grupo revelación

| 22 de Julio de 2018 (20:23 h.)
Banda de gaitas A-Xinzo de Limia
Banda de gaitas A-Xinzo de Limia

Dentro do cartel do IV festival actuaban en representación de Portugal o grupo de bombos e gaitas  S.Tiago Maior de Poiares de Ponte da Limia, pobo irmandado con Xinzo.  Era a primeira vez que actuaban en Xinzo, pero as súas interpretacións conseguiron levantar dos seus asentos ao público da noite do sábado e tamén da mañá do domingo na praza Maior, ondea o igual que na noite pasada o público solicitou dos músicos máis interpretacións, ás que o grupo cariñosamente acedeu.

IV Festival de bandas de gaitas “Vila de Xinzo”

Con un pouco de atraso sobre o horario previsto e cunha praza de Carlos casares ateigada de xente que aguantou ata ven entrada a madrugada, apesares do frío da noite, foron pasando polo escenario os grupos do cartel, os cales foron  deleitando “ao respectable” coas súas interpretacións , a maior parte delas inéditas.

Xunto co grupo de Portugal, outro que tivo moita aceptación foron os de Bretaña.

As bandas de Xinzo abriron e pecharon o festival, recibindo o afecto e o cariño dos presentes, como dicimos, apesares do frío e das altas horas da madrugada.