Lunes 20.05.2019

"Haberá un dispositivo de seguridade reforzado en todos os ámbitos"

Declaracións do subdelegado do Goberno Emilio González

No día de onte celebrouse en Xinzo, coa presenza do subdelegado do Goberno Emilio González Afonso e o alcalde de Xinzo Manuel Cabas  a XUNTA DE SEGURIDADE LOCAL.

Unha vez finalizada a reunión o subdelegado manifestoulle ao dendealimia.com  que este ano como novidade haberá un dispositivo de seguridade reforzado en todos os ámbitos,plantexándose ademais un incremento da coordinación entre os corpos de seguridade.

Tamén na mesa formulouse a posibilidade de demandar a presenza da Policía Autonómica para que colabore de algunha maneira na seguridade, aínda que segundo as súas verbas, espérase que sexa un carnaval igual de tranquilo como os anos anteriores. Non obstante , a Xunta Local de seguridade sexa ten montado un Plan estratéxico para estes días.

HELICÓPTERO E CANS

IMG_20190214_104502

Segundo nos confirmou o sub tenente-Comandante do posto da G.C. de Xinzo que estaba acompañado polo Capitán -Xefe da comandancia de Celanova, da cal depende Xinzo, este ano como os anteriores contarán co helicóptero de tráfico e coa división de cans especializados en detección de droga, que se fará loxicamente en puntos estratéxicos as aforas do pobo.

A Policía Local, será a encargada do control de tráfico e de accesos, ademais de todo o referente a intervención rápida. O responsable directo da Policía Autonómica da Xunta de Galicia anunciou tamén a presenza do corpo de seguridade autonómico para reforzar  e colaborar coa Policía Local ademais de facerse cargo do control de menores e alcohol.  

MAIS EFECTIVOS DE PROTECCIÓN CIVIL

Durante as festas do Entroido  os membros voluntarios de Protección Civil de Xinzo, estarán reforzados coa presenza de voluntarios, tamén de Protección Civil de otras provincias.

Comentarios