Dende a Limia
03:15 h. Domingo, 19 de Noviembre de 2017

Haberá máis actuacións se hai recadación veciñal

| 04 de Julio de 2017 (21:09 h.)
Comisión de festas 2017
Comisión de festas 2017

Poucas son as variantes na nova comisión das festas de Xinzo de Limia que se conformou este luns pola mañá no concello, con respecto á de hai un ano. Luis M. Gil, responsable da Concellería de Festexos convocara a toda a veciñanza para sumarse a comisión organizadora das festas na honra de Santa Mariña de Xinzo, sendo estas persoas as que finalmente quixeron formar parte da mesma.

DÍAS 15, 16, 17 E 18 DE XULLO

285

Estes son os días escollidos para a celebración das festas patronais deste ano 2017. O cartel de actuacións musicais xa está pechado dende hai máis de dous meses, pero este pode variar para aumentalas dependendo da "xenerosidade" da hostalaría, comercio e veciños de cara a aumentar as atraccións musicais.

A partir de mañá, mércores, os novos membros da comisión percorreran a vila para solicitar a colaboración desinteresada dos veciños e así poder traer a Xinzo o sábado e o domingo algunha atracción máis ás festas e completar con outro tipo de espectáculos a programación musical.

Tamén no mesmo acto se presentou o cartel da Santa Mariña 2017.