Sábado 23.02.2019

Histórico peche de contas do Concello de Xinzo

Fai máis de 20 anos que os números do Concello non tiñan estes resultados

Antonio Pérez
Antonio Pérez

De “históricos”, cualifica os resultados do concello de Xinzo ao peche de 2017 o seu alcalde Antonio Pérez. Satisfacción e agradecemento tamén son os sentimentos cando observa a liquidación que os técnicos presentaron ao Ministerio de Facenda nesta semana.

Satisfacción plena posto que fai tan solo 5 anos ninguén podía imaxinar que as contas do noso concello puideran deixar de estar en roxo, para converter todos os datos analizados en positivo.

Tamén quere agradecer a todos os que fixeron que isto sexa posible. Primeiro aos traballadores que tiveron que ver reducido o seu salario durante uns anos  e tamén agradecemento a todos os veciños e veciñas que tiveron que aguantar as subidas de impostos dos exercicios pasados, posto que realmente sen esas medidas, neste momento o noso concello estaría en bancarrota. E porque non aos responsables municipais das distintas concellerías, porque tamésúasn tiveron que facer as suas xestións con escasos medios, pero todo isto deu o seu froito e nestes momentos temos un dios concellos máis saneados de Galicia.

EN DESACORDO CON MONTORO

Aínda con todo isto o alcalde está en total desacordo con algunha das medidas do ministro Montoro, no tocante a que o remanente de tesoureiría (1,9 millóns de euros) non poida ser destinado a obras ou axudas que non supoñan endebedamento futuro. El manda que cumpramos cuns parámetros e ao final non importa o facer os deberes. Este sobrante do exercicio poderiámolo destinar a axudas a rehabilitación, a SS.SS. ou a cambio de luminarias por Leds, por exemplo co cal ata serviría para seguir aforrando cartos ano tras ano.

DE  DOUS CON CINCO MILLÓNS NEGATIVOS,  A UN CON NOVE POSITIVOSresumo contas 1

Ese é o resultado do capítulo de Remanente de Tesourería dende o ano 2014 ao 2017. Este parámetro mide a solvencia económica do concello así como a capacidade económica que ten.

Outro dos parámetros dos que se sinte  tamén moi satisfeito refírese a débeda viva que ten a finais de 2017 o concello. Xa a día de hoxe estará un pouco por baixo dos catro millóns, cando no 2014 era de mais de seis, e cando eles entraron a gobernar era de 11 millóns de euros.

Esta débeda actual inclúe o famoso préstamo de facenda a pagar a 20 anos de pago a provedores.

A continuación poden comprobar o estado económico do concello de Xinzo a 15 de decembro, data do peche oficial eixido polo Ministerio de Facenda.

resumo contas 5resumo contas 4resumo contas 3resumo contas 2

Comentarios