Dende a Limia
21:58 h. Sábado, 15 de Diciembre de 2018

Pinchos e música no acto inaugural da Feira de Oportunidades ProLimia

| 11 de Agosto de 2018 (15:47 h.)

Na mañá de hoxe comezou a Feira de Oportunidades ProLimia. Unha mañá axetreada tanto para os organizadores como para os que expoñen o seu stand, pero acompañada dunha boa afluencia de visitantes. 

Inauguración pro limia (3)

Cara ás 13h comezou a inauguración oficial, que comezaba coa chegada do grupo de gaiteiros que viñan tocando xa. Logo de escoitar un par de pezas, a Presidenta da Asociación, Teresa Martínez deu unhas palabras e agradeceu a participación de todos, tedes o vídeo no noso Facebook! A continuación, falaron Monserrat Lama, Cocelleira e Deputada provincial, Carlos Gómez, Concelleiro, Beatriz Gómez, Presidenta da Federación de Comercio de Ourense e Jaime Pereira, Secretario Xeral da CEO (Confederación Empresarial de Ourense). Tamén estiveron presentes Ricardo Sieiro e Manuel Pérez, Concelleiros. 

Inauguración pro limia (2)

Beatriz Gómez pola súa conta comentou que “a Federación de Comercio de Ourense non só a vive a cidade, senón toda a provincia”. “Actividades como a de hoxe é promocionar e dinamizar o comercio local e son moi importantes” aclarou. Monserrat Lama comentou que “xurdiron algunhos problemas” pero que “o importante o final é beneficiar o pequeno comercio de Xinzo e para iso dende as institucións imos seguir apoiando o proxecto, oxalá o vindeiro ano non sexa só un fin de semana senón a semana das oportunidades”.

Jaime Pereira dixo que “dende a CEO creemos que a unión de todos os que fan posible eventos como este é unha mellora e un impulso necesario a todos os niveis a nivel provincial” continuou “creemos que unión dos comerciantes está por enriba de todas as visicitudes e os problemas que poidan surxir.” Finalmente, Carlos Gómez agradecía a todos os comerciantes de Xinzo a aposta por a Asociación. “Todos os esforzos son colectivos e todos debemos empuxar na mesma dirección, e tratándose dun sector tan importante todas as institucións están apostando por esta mellora.”

Inauguración pro limia (1)

Despois do discurso de inauguración, comezou a sesión vermouth con pinchos e viño galego, acompañado da música dos gaiteiros. O día continúa ateigado de actividades, ás 17h comezarán os xogos infantís, teatro… Ás 19h farase o taller de coctalería para todas as idades e finalmente ás 20h haberá o gran desfile. Á noite continuará o ambiente co concerto das 23h