Dende a Limia
06:34 h. Martes, 25 de Julio de 2017

Hoxe día grande das festas de Xinzo

| 18 de Julio de 2017 (01:28 h.)

O primeiro acto do día de hoxe será a celebración da procesión da Sta. Mariña a partir das 12:00 na que a santa estará acompañada na parte musical pola Banda de Gaitas de Xinzo, a Agrupación Musical da Limia e a Coral de Sta. Mariña.

A partir das 16:30 volverán os inchables ao exterior das piscinas  e as 18:00 na Alameda do Toural levarase a cabo o III Torneo de Chave “Manolo Santana”.

As 20:30 a festa trasladarase a praza Carlos Casares onde o mago Martín Camiña ofrecerá o espectáculo A Maxia de Carlos Casares.

Festa e verbena ata altas horas da madrugada

A partir das 21:00 a música volverase adueñar da explanada do Toural para sen descanso acompañar a todos aqueles festeiros ata ven entrada a madrugada. Delo encargaranse as orquestras GRAFFITI e SAUDADE, co que rematarán as festas de Sta. Mariña 2017.