Sábado 23.02.2019

I FEIRA DE OPORTUNIDADES PROLIMIA

Os días 11 e 12 de Agosto na Alameda do Toural

A primeira edición da Feira de Oportunidades de Prolimia, que terá lugar os días 11 e 12 de agosto na Alameda do Toural de Xinzo, tentará de remontar as vendas dos distintos establecementos comerciais da comarca, tras  unha tempada de primaveira/verán na que o mal tempo non axudou. Membros da asociación de Empresas e Comercio de A Limia presentarán nas próximas semanas, en colaboración co Concello, a lista definitiva de actividades previstas para o segundo fin de semana de agosto en Xinzo.

Tal e como explicou a presidenta da entidade, Teresa Martínez, todos os sectores están representados neste mercado, que ten por obxectivo recuperar a tempada e visibilizar o comercio comarcal. Dende Prolimia confían en que sexa un éxito dado o gran número de visitantes que terá a vila en agostro.