Dende a Limia
11:46 h. Viernes, 21 de Septiembre de 2018

I FEIRA VIOLETA DE XINZO

| 18 de Junio de 2018 (15:44 h.)

Hoxe a maña celebrouse, no CEIP Carlos Casares a I FEIRA VIOLETA, que tratou da exposición dos traballos que fixeron as clases do colexio, sobre mulleres inventoras e descrubridoras. Os traballos foron o resultado de varios meses de traballo e os stands estiveron moi elaborados, e os mellores recibiron premios.

As clases de infantil de 4º, 5º e 6º fixeron stands sobre María Sbylla Merian, Jane Goodall e Beulah Louise Henry, entomóloga, antropóloga e inventora respectivamente.

As clases de educación primaria de 1º fixeron un stand de Henrietta Leavitt, astrónoma, e os de 2º Ängela Ruiz Robles, maestra, escritora e Inventora.

Os alumnado de 3º fixo un stand sobre Sylvia Earle, bióloga marina, exploradora e submarinista e o de 4º de primeira sobre Ada Lovelace, matemática e escritora.

O alumnado dos últimos cursos, 5º e 6º, rememoraron a Rosalind Franklin, química e cristalógrafa de raios x e Marie Curie.

No evento, participaron todas as clases do colexio. O acto comezou a partires das 10:00h para o alumnado, os cales presentaron as súas investigacións as outras clases. A partires das 13:00h pasaronse nais e pais a ver os traballos do alumnado.