Martes 18.06.2019

A Igrexa de Sta. Mariña non deu cabida a tódolos ferigreses

Primeiro celebrouse a tradicional bendición dos ramos que da comezo a Semana Santa

Centos de veciños achegáronse as 12 ata a igrexa Vella para asistir a bendición dos Ramos, primeiro acto da Semana Santa. O atrio  da igrexa non puido acoller a tódolos ferigreses que esperaron nas rúas adxacentes a que a procesión pasase, ao igual que ocorreu co igrexa de Sta. Mariña que tampouco puido acoller a todos os que participaron na procesión.

IMG_8320

Tanto a procesión como a misa posterior estiveron presididas polos curas da parroquiua D.Tomas e D. Jaime, estando presentes tamén membros do goberno Municipal e da oposición así como os representantes das forzas de seguridade con traxe de gala. Tamén se viu pólo atrio a outros aspirantes a formar parte da corporación municipal.

IMG_8316