domingo 22.09.2019

Incendio nas aforas de Xinzo

Estivo en perigo unha casa . É a segunda vez nesta semana que arde nesa zona

Incendio nas aforas de Xinzo

Na subida ao monte dás Campaniñas, onde se atopa un asentamento xitano esta tarde tiveron que sufocar un incendio con dous focos de lume.

Protección Civil  e bombeiros de Xinzo, foron os primeiros en acudir ao lugar e coa súa pronta actuación lograron que o lume non chegase a unha casa habitada preto do pobo.

Posteriormente tiveron que acudir medios aéreos que lograron sufocar o incendio en pouco tempo, así como as brigadas de Medio Rural, que segundo os veciños presentes, foron os últimos en chegar ao lugar.

Acudiron tamén membros da Policía Local e da Garda Civil.

Non houbo que lamentar danos en persoas e a superficie queimada foi afortunadamente pequena e sen ningún valor.

Instantánea - 425