Dende a Limia
06:02 h. Jueves, 26 de Abril de 2018

"Isto é unha decisión tomada pola persoa e non polo alcalde"

| 22 de Marzo de 2018 (20:02 h.)
Antonio Pérez
Antonio Pérez

Hoxe Antonio Pérez deu a súas primeiras declaracións a dendealimia e La Región, minutos antes de presentar a súa renuncia a ser alcalde da vila.

DECISIÓN  LONGAMENTE  SOPESADA

É algo que levo sopesando dende hai moito tempo e non ven de agora, e como é unha decisión totalmente persoal . Non houbo nin hai ningún tipo de presión. Sempre tiven  total apoio  a todos os niveis, tanto autonómico , provincial e  comarcal e por suposto de todo o partido, "dende o minuto cero". Isto é  unha decisión tomada por a persoa e non por o alcalde".


Existen uns condicionantes previos, os cales implicaron reunirse no día de onte co grupo para que o iso o coñeceran por el mesmo. Respecto a noticia equivocada sacada por A Voz de Galicia que aseguraba a súa continuidade por a existencia dunha serie de apoios e Antonio Pérez comenta que eso creou falsas esperanzas no grupo o que complicou a situación.

FIRMAS PARA APOIAR A SÚA CONTINUIDADE

125Tamén menciona como anécdota que existían unha serie de firmas para que a renuncia non seguise  adiante, pero el mesmo dixo: "Es una decisión personal y las decisiones personales todo el mundo debe acatarlas".

A SITUACIÓN ECONÓMICA DO CONCELLO NESTES MOMENTOS É DE TOTAL SOLVENCIA.

O xa ex - alcalde cree que se fixo un traballo importante, tanto a nivel de investimento como a nivel económico: "Yo cogí un ayuntamiento quebrado y dejo un ayuntamiento solvente". Tamén recordou os investimentos que se fixeron durante o seu mandato.

 "Neste preciso momento a conta do Concello ten u remanente positivo de un millón de euros e grazas as medidas do Sr. Montoro, o que me sustitúe pode investir case que dous millóns de euros.A situación económica en que quedan as arcas municipais, dista moito da quebra en que se atopaba cando eu tomei posesión de alcalde.

MANUEL LÓPEZ CASAS, ALCALDE EN FUNCIÓNS

 
Trala  súa renuncia, e segundo  palabras do xa ex alcalde, o sensato e o normal é que o número dous pase a ser o alcalde en funcións, tanto por as capacidades do mesmo como por a axilización do proceso. Manolo Casas está cualificado e preparado para ser un bo alcalde e con personalidade e man esquerda.

O proceso a seguir, segundo indica Antonio, debería ser a convocatoria dun pleno extraordinario, o mais urxente posible, no que se dea conta da súa renuncia e a partir dese momento seguir o que manda a lei para a toma de posesión do seguinte da lista e a elección do novo alcalde, xa coa corporación con todos os seus membros, e desta maneira pasar a celebración dos plenos ordinarios e a vida municipal normal.

 

QUE DEIXEN TRANQUILA A MIÑA FAMILIA

Tras os comentarios da oposición de que a renuncia chega tarde, o ex Alcalde di  Ya sabía que iban  a decir eso, porque si llego a tomar la decisión de no dimitir, dirían que tengo que dimitir, aunque sea dentro de un año." Engande que é algo que non lle sorprende, pero pídelles e esixelles que a partir deste momento se lle trate como un veciño máis e se deixe a súa familia tranquila tras esta decisión, e si non é posible "entraremos en otros derroteros más complicados, para ellos y para mi".

Claro que vou recorrer a sentenza, porque é  inxusta.

127Ante a pregunta de si xa lle chegou a sentenza e se a vai recorrer alega "desde el primer momento claro que la voy a recurir, una cosa injusta la tengo que recurrir, pero eso ya pertenece a mi ámbito personal". Tamén comenta que existen outros concelleiros que tamén están en procesos xudiciais a nivel persoal pero que nunca o falou nin o falará. Esa é a mensaxe que quere dar coa súa renuncia pero que si se continua con esa dinámica tamén terán que facerse públicas. O seu desexo é que fóra da política exista unha vida pública cordial e correcta, tanto co grupo parlamentario de Xinzo como coa prensa. Recalca que é unha decisión moi persoal que leva meditando moito tempo, que aguantou por o seu equipo o que alaga pero que o benestar da súa familia é máis importante.