Dende a Limia
13:24 h. Jueves, 21 de Junio de 2018

Iván Olmos Ferreiro xa ten a medalla de honra do Concello de Xinzo

| 28 de Diciembre de 2017 (21:51 h.)
Foto de familia coa corporación de Xinzo
Foto de familia coa corporación de Xinzo

A sesión plenaria ordinaria do Concello de Xinzo correspondente ao mes de decembro, trocouse en "extraordinaria" por varios motivos. O primeiro porque na mesma sesión, por unanimidade de todos os presentes, aprobouse a concesión da medalla de honra do Concello ao limián Iván Olmos Ferreiro.

Unha vez rematada por parte da secretaria do concello a lectura do acordo unánime, o alcalde, Antonio Pérez, en representación de toda a corporación, solicitou a presenza do homenaxeado na mesa presidencial.

Todos os portavoces destacaron os méritos de Iván, suficientes para ser merecente deste acto, a pesares da súa idade: tan só 23 anos.

IMG_2170O propio alcalde comentou que de seguir nesa traxectoria, non sería a última vez que a corporación existente no momento, volvera facerlle outra homenaxe ou distinción, animando así a Iván a continuar polo camiño que leva ata agora, que o fixo merecente deste recoñecemento.

A raíz deste acontecemento o pleno volveuse extraordinario, porque os portavoces dos grupos políticos rexeitaron facer preguntas ao goberno para que o acto final fose a entrega da medalla a Iván e a súa sinatura no libro de firmas da consistorial.

Algo inhabitual nas sesións plenarias é o de que un membro da Escola de Gaitas (Juan) interpretara a gaita a Rumba de Laroá e, unha vez rematado o acto protocolario da sinaturae dos discursos, interpretara tamén o Himno de Galicia, que todos os presentes escoitaron de pé.

E para que a cousa fose máis extraordinaria, e debido ás datas nas que estamos, todos os presentes brindaron polo homenaxeado e por un próspero ano 2018 con cava catalán.

IMG_2228

VERBAS DE AGRADECEMENTO

IMG_2189

O alcalde solicitou de Iván, unha vez rematada a dedicatoria no libro de honra, que lle dixera a todos os presentes o que deixara escrito no mesmo.

Visiblemente emocionado e nervioso, cousa estraña nel ao falar en público, afirmou que era para el unha honra o estar hoxe aquí, non só polo recoñecemento dos concelleiros deste pleno, senon por me sentir e formar parte deste Concello de Xinzo.

Aínda que eu me criei e estudei en Ourense, a todos os lugares onde vou sempre digo que son de Xinzo, de de onde é toda a miña familia e onde vivín dos mellores momentos da miña vida.