Dende a Limia
18:01 h. Domingo, 19 de Noviembre de 2017

A limiá Elvira Lama, responsábel de Comercio na nova Executiva do PSdeG

O. Ferreiro | 30 de Octubre de 2017 (22:38 h.)
Foto de arquivo de Elvira Lama.
Foto de arquivo de Elvira Lama.

Tras unha longa noite de negociacións entre Leiceaga –no presidente do PSdeG– e Gonzalo Caballero –recén escollido Secretario Xeral do partido–, logrouse integrar ambas listas nunha executiva de consenso que deixa fóra ao terceiro en discordia, Díaz Villoslada.

Elvira Lama responsabilizarase da área de comercio na Eecutiva Nacional do PSdeG.

Entre os novoso membros da executiva dos socialistas galegos atópase a voceira do PSdeG no Concello de Xinzo de Limia, que se responsabilizará da área de Comercio.

A nova dirección está composta por 49 persoas. O novo secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, interveu este domingo en clausura do XIII Congreso do seu partido para asegurar que, do mesmo, "o PSdeG sae máis forte, máis renovado e con maior capacidade política diante da sociedade".