Dende a Limia
08:22 h. Domingo, 19 de Noviembre de 2017

Limisi recibirá mañá o cheque coa recadación das entradas ao Festival FAX

O. Ferreiro | 23 de Agosto de 2017 (21:42 h.)
Un momento do Festival FAX, celebrado na Alameda do Toural.
Un momento do Festival FAX, celebrado na Alameda do Toural.

Mañá xoves, día 24 de agosto, Escena Sonora –como produtora do Festival FAX –que tivo lugar o pasado 5 de agosto en Xinzo– e o Concello de Xinzo de Limia en calidade de colaborador, farán entrega á asociación Limisi do cheque coa recadación en entradas ao evento.

Así mesmo, este acto xunto co peche final e contas do Festival FAX, terá lugar ás 12:00 horas no Salón de Plenos do Concello de Xinzo de Limia. No acto estarán presentes o alcalde de Xinzo, Antonio Pérez; o concelleiro de Cultura, Festexos, Deporte e Xuventude, Luis Miguel Gil; o organizador do festival e director de Escena Sonora, José Manuel Freiría e diversos representantes de Limisi - Diversidade Funcional.