Dende a Limia
02:12 h. Lunes, 11 de Diciembre de 2017

O luns día 4, Pleno Ordinario do Concello de Xinzo

| 03 de Diciembre de 2017 (10:06 h.)

As 11:00 os membros da corporación municipal están convocados a un pleno ordinario que inclúe nos seus  9 puntos da orde do día a aprobación inicial dos presupostos que rexerán a vida municipal do noso concello para o ano 2018 e que segundo comunicación da alcaldía ascendendo a mais de oito millóns de euros.

NOVO ESCUDO E BANDEIRA

587Ademais do punto dos presupostos municipais a corporación municipal terá que debater e aprobar ou rexeitar a proposta definitiva de escudo e bandeira.

Tamén a modificación do acordo plenario de data 19/09/2017 relativo ao plan de pagos  a Gas Natural. Segundo a alcaldía presentase a súa aprobación o pago fraccionado da débeda pendente para así poder desvincularse do plan de axuste de facenda , unha vez que o concello presentará unhas contas a final de ano totalmente positivas con excedente de tesourería que fará posible o desenganche do plan de axuste.

Tamén se decidirán os días de festa local para o próximo ano.

VARIAS MOCIÓNS

Varias son as mocións presentadas polos diferentes grupos políticos entre as que en principio se debateran as presentadas polo PP. A primeira fai referencia o apoio do noso concello a Policía nacional e a Garda Civil. A segunda que presenta este grupo municipal fai referencia a preservación da igualdade e liberdade para reafirmar e manter a unidade Nacional.

As mocións do PSdG, xa están presentadas neste xornal, aínda que non aparecen na orde do día do plenario.

Como sempre o pleno rematará  so punto da orde do día de Rogos e Preguntas por parte dos grupos políticos da oposición.