Dende a Limia
02:20 h. Lunes, 11 de Diciembre de 2017

Máis de 120 produtores e almacenistas asistiron hoxe á xornada sobre o almacenamento e as pragas na pataca

O. Ferreiro | 22 de Noviembre de 2017 (22:52 h.)
Asistentes á xornada no IES Cidade de Antioquía de Xinzo de Limia.
Asistentes á xornada no IES Cidade de Antioquía de Xinzo de Limia.

Durante todo o día de hoxe, o IES  Cidade de Antioquía de Xinzo de Limia acolleu unha xornada de formación de transferencia tecnolóxica enmarcada dentro do plan de formación da Consellería de Medio Rural, co fin de satisfacer demandas de agricultores e gandeiros. Esta da Limia foi dirixida a produtores e almacenistas que se adican á produción da pataca de consumo e recibiu o nome de "Xestión técnica e administrativa dos almacéns de pataca. Pragas e enfermidades no almacén".

As temáticas do evento xiraron en torno ás condicións do almacenamento da pataca e ás pragas e enfermidades que poden afectar ás patacas nesta fase de almacenamento.

As temáticas do evento xiraron en torno ás condicións do almacenamento da pataca, as pragas e enfermidades que poden afectar ás patacas nesta fase de almacenamento e tendo como telón de fondo as patoloxías de corentena que se están a detectar en Galicia nos últimos días, fundamentalmente na zona da Limia. 

No marco da resolución publicada hoxe pola Consellería de Medio Rural no DOG, onde se demarca zomo zona de corentena a comarca da Limia por sete puntos positivos, tamén se falou sobre a posible evolución do sistema para afrontar a situación. Por unha banda poderían aparecer produtores que queiran proceder a comercializar directamente as súas patacas, pero non sería a única solución. Nese marco, interviu Carlos Mansanet Perea, inspector de sanidade vexetal da Consellería de Medio Rural e José Martínez Grande, Doutor Técnico Sanitario de Industrias da Consellería de Sanidade.

Ás xornadas acudiron 120 produtores e agricultores da Limia.

Pola tarde falouse do plan de continxencia e de cales son as obrigas a contemplar por produtores e almacéns cando se detecte a presenza da praga na súa zona. Neste campo interviu tamén Carlos Mansanet, ao que seguiu Carmen Seijo Coello, Doutora en Bioloxía pola Universidade de Vigo, quen falou sobre os efectos da cepilladura nos tubérculos de pataca.

553

Por último interviu un agricultor de Coristanco que está dende hai uns anos enmarcado nunha zona afectada pola pulguiña da pataca Epitrix spp. e que xa leva uns anos exercendo a súa obriga de cepillado da pataca para a súa posterior comercialización directa da produción. 

Ás xornadas acudiron 120 produtores e agricultores da Limia e foron organizadas pola Xunta de Galicia a través do Fondo Agrícola Europea.