Dende a Limia
07:41 h. Martes, 23 de Octubre de 2018

Mais charangas, mais grupos musicais e mais tradición

| 18 de Enero de 2018 (22:06 h.)

Hoxe, 18 de Xaneiro de 2018, tivo lugar no Salón de Plenos do Concello de Xinzo de Limia a presentación definitiva do Entroido de Xinzo de Limia deste ano 2018.

A cita acudiron por parte do Concello o alcalde de Xinzo, Antonio Pérez, e o Concelleiro Luis Miguel Gil, e o portavoz da comisión do Entroido, Iván Prado Rodríguez, acompañado de varios integrantes da mesma.

Comezou Antonio Pérez dando as grazas o grupo de goberno e a comisión  do Entroido polo seu traballo a favor desta festividade que comezará o vindeiro día 20 co Petardazo, mostrando un apoio incondicional ao traballo levado adiante polos 27 integrantes da Comisión.

Este ano o Entroido de Xinzo presenta un programa dos máis extensos ata o de agora no municipio, onde máis dun 60% do orzamento se adicou exclusivamente a espectáculos musicais, charangas e grupos tradicionais galegos e actividades, destacando a participación no evento grupos como "O Sonoro Maxín" ou Charangas de fora das fronteiras galegas a nivel musical, e a mellora das actividades lúdicas para cativos nos días grandes do Entroido.

41Matizouse ademais a melloría que a comisión tentou plasmar na imaxe comunicativa que o Entroido de Xinzo ensina, seguindo un camiño xa comezado pola comisión do ano anterior, así como un pulo na parte "tradicional" do Entroido, mellorando, preservando e recuperando tradicións, traxes e costumes propias e únicas do Entroido de Xinzo de Limia. Neste último apartado destaca, en colaboración coa Asociación Cultural "A Pantalla", a recuperación de varios traxes tradicionais que terán o seu día o Sábado do Colgamento do Meco.

As preguntas dos medios de comunicación foi a do ruido de altas horas e o botellón. Antonio Pérez matizou a dificultade que estes factores supoñen para a orde no Entroido. A Xunta de seguridade, encargada destes problemas tratará de cheo o vindeiro luns as posibles solucións que o Concello e os corpos de seguridade poden aportar, destacando a total disposición, dentro das súas posibilidades, a manter a vila o máis segura posible. Antonio Pérez recalcou a importancia e a necesidade que hai de que a xente que participe no Entroido teña un comportamento cívico e respectuoso, factor clave para que todos os servizos que aporten os corpos de seguridade e o Concello teñan valía e sirvan para algo.

MAIS LIMPEZA, CONTEDORES E BAÑOS QUÍMICOS

 Dende a Concelleira de Medio Ambiente, aclarouse que se está a traballar conxuntamente coa comisión para co seguir tamén solución o problema da limpeza no Entroido, pedindo reforzos a Deputación Provincial de Ourense e empresas externas para garantir o bo funcionamento das quendas de recollida de lixo e saneamento- Aínda así volveuse chamar o decoro e o civismo para cumprir como é debido este cometido.

Finalizou a rolda de prensa facendo un chamamento a participación cidadá ó Entroido de Xinzo de Limia, gozando das súas actividades e a súa música sempre baixo o respecto crendo que este ano o Entroido de Xinzo de Limia, sen lugar a dubidas alcanzará a denominación de Ben de Interese Turístico Internacional pasando a ser o único Entroido de Galicia con estes apelidos.