Dende a Limia
02:17 h. Lunes, 11 de Diciembre de 2017

Manifesto e teatro para fechar o día internacional contra as violencias machistas

O. Ferreiro | 26 de Noviembre de 2017 (00:04 h.)
Un momento da obra de teatro.
Un momento da obra de teatro.

Outro 25 de novembro. Outra xornada na que cidades e vilas organizaron actos sociais, culturais ou comunitarios para lembrar a todas esas mulleres asasinadas a mans das súas parellas ou exparellas. Pero tamén para reivindicar un mundo sen violencias machistas. 

569

A capital da Limia tamén viviu unha xornada reivindicativa. Na tarde de hoxe, o auditorio de Xinzo de Limia –na Casa da Cultura– acollía a lectura dun sentido e necesario manifesto, na voz da súa escritora, Alba Domínguez. Alba, unha estudante de 3º da ESO do IES Antioquía foi quen puxo voz ás sen voz. Lembrou que "este tema ten solución e esta chámase feminismo".

568

A lectura do seu texto emocionou a uns poucos e non deixou a ninguén indiferente. "Somos la revolución, el ejército justo de la igualdad. Nadie nos callará, ni a una ni a todas. Puede que muchas hayan perecido en batalla, pero su grito de guerra es nuestra banda sonora de la victoria. Su fuerza nos acompañará durante este difícil recorrido hacia la igualdad, y cuando lleguemos a la meta, miraremos atrás y diremos sus nombres, uno por uno, dándoles gracias por su valentía, y por empujarnos a todas a ser una, a amarnos, a armarnos de valores, a ser revolución.", concluía Alba ao remate da súa lectura.

"Puede que muchas hayan perecido en batalla, pero su grito de guerra es nuestra banda sonora de la victoria."

Tralos aplausos dos asistentes a esta necesaria reflexión, foi o turno dunha reivindicación cultural. Desta vez, da man do teatro, como protagonista. Non foi unha representación ao uso, pois apenas durou 15 minutos. Pero foron máis que suficientes estes minutos para destacar unha das lacras máis significativas do machismo na actualidade: as violacións a mulleres que se producen en diferentes lugares da nosa xeografía. Este minirelato escenificado con mestría, foi o penúltimo acto da xornada, que foi fechada pola música no mesmo recinto e ante os mesmos asistentes.

 

Aquí poderedes ler o manifesto de Alba Domínguez completo.