Dende a Limia
16:40 h. Domingo, 19 de Agosto de 2018

O mestre Andrea Loss visita o curso de Dirección de Banda da UNED en Xinzo

O. Ferreiro | 25 de Enero de 2018 (23:24 h.)
O mestre Andrea Loss.
O mestre Andrea Loss.

Esta fin de semana reanúdase a actividade educativa no curso de Extensión Universitaria da UNED co mestre Andrea Loss. A súa visita terá lugar este venres, 26 de Xaneiro, ás 16:30 no Conservatorio Profesional de Música de Xinzo de Limia.

Contarán para facer prácticas de Dirección coas seguintes formacións musicais:
- Banda de Música do CMUS Profesional de Xinzo de Limia.

- Banda de Música do CMUS Profesional de Ponteareas

- Agrupación Musical da Limia

- Coral Polifónica Santa Mariña

- Ensemble de Vento da ESMULI (Escola de Música da Limia)


Andrea Loss: “Nacido en Rovereto, Italia, en 1977, despois dos seus estudos clásicos graduouse en clarinete estudando con Massimo Zenatti e Paolo Beltramini. Asistiu a numerosos cursos de clarinete e saxofón, dirección de orquestra e banda con varios mestres, entre outros: Cober, Dini Ciacci, Johnson, Hauswirth, Mertens, Van der Roost, Conjaerz, Bostock, Doss, Karabtchevsky, Pirola, Dei Mariño, Franceschini, Cesarini, Priori. Despois de gradurase en ISEB – Instituto Europeo de Banda, é profesor e director artístico do mesmo instituto. Desde 1996 está activo como director permanente e invitado de diferentes agrupacións musicais e orquestras en Italia ou no estranxeiro (Holanda, Belgica, Eslovenia, Francia, España, Malta, Polonia e Grecia) e participou cos seus complexos en numerosos certames nacionais e internacionais. Actualmente é director da Orquestra de Instrumentos de Vento “Rosmini” de Rovereto, a Banda “Don Pederzini” de Lizzana, a Orquestra de Vento da Provincia de Vicenza, a Banda de Peschiera do Garda, e regularmente imparte cursos de dirección coa Asociación Musical “Euphoria” de Tirvero, a Orquestra de Vento da Provincia de Vicenza, a Banda “Mascagni” de Milazzo, o instituto ISEB de Mezzocorona e UPOL en Eslovenia”.