Dende a Limia
16:28 h. Jueves, 20 de Septiembre de 2018

O PPdeG de Xinzo quere un novo Día das Letras Galegas para outro escritor limián

O. Ferreiro | 22 de Febrero de 2018 (23:24 h.)
Antón Tovar Bobillo podería ser o homenaxeado no Día das Letras Galegas do 2019.
Antón Tovar Bobillo podería ser o homenaxeado no Día das Letras Galegas do 2019.

O grupo municipal popular de Xinzo de Limia vén de rexistrar unha moción para o vindeiro pleno ordinario do mes de febreiro. O propósito é que sexa aprobado en sesión plenaria a solicitude formal á Real Academia Galega de que se adique o Día das Letras Galegas so 2019 ao escritor limián Antón Tovar Bobillo.

Antón Tovar, limián que foi veciño da Pereira e falecido o pasado ano 2004, é unha das grandes voces poéticas da Galicia da segunda metade do século XX. A súa obra literaria conta cunha grande produción en castelán pero, sobre todo, en galego.

Da súa produción literaria na lingua do país destacan Arredores (1962), Non (1967), Berros en voz baixa (1990) e A nada desmentida (1991).

O mesmo Carlos Casares –homenaxeado no pasado ano– afirmou no 1964 que "Antón Tovar é un dos mellores poetas españois desta hora" e que "ten dúas maneiras de facer poesía, unha intimista e outra social e solidaria". Tamén foi vanagloriado por grandes figuras da nosa literatura como Vicente Risco ou Álvaro Cunqueiro.

Dende o PPdeG de Xinzo de Limia consideran que ten méritos dabondo para ser homenaxeado e así o levarán ao vindeiro pleno local.