Domingo 16.06.2019

Modesto Montero, xa ten o recoñecemento público do pobo de Xinzo

Último acto institucional do alcalde e o  concelleiro de Cultura

A hora prevista chegou o homenaxeado Modesto Montero ata o lugar en que o concello decidiu colocar o monolito  que contén a placa que recoñece a súa contribución na expansión urbana da vila de Xinzo.

Moitos foron os veciños que se achegaron ata o lugar escollido para saudar ao homenaxeado que fai anos, que por mor da súa idade, se ausentou da vila para residir en Nigrán coa súa familia. 

Tomou a palabra primeiramente Carlos Gómez, no seu último acto institucional como concelleiro de Cultura, dinamizador da idea, segundo comentou posteriormente o promotor da proposta  Edelmiro Martínez.

IMG_20190614_122705

Carlos agradeceu a presenza de tantos veciños no acto así como aos familiares de Modesto Montero pasando a palabra a Edelmiro Martínez, promotor xunto coa asociación Muiño da Lama da proposta de homenaxe que asinaron máis de 150 veciños.

Urbanizou e abriu pola súa conta máis rúas novas durante os anos 60 e 90, en Xinzo que en toda a historia da nosa vila.

Tocoulle a Miro Martínez facer a louvanza do homenaxeado comezando  por dicir que el fora o que presentara o escrito no concello no mes de decembro para o estudo da proposta e dende ese momento Carlos Gómez acolleu a idea como súa, póndose a fronte da proposta.

Na enumeración das cousas feitas por Montero, polas cales el iniciou a petición  encóntranse a de que abriu e construíu ao edificio da  Torre de Xinzo, o primeiro edificio que contaba con ascensor. Urbanizou e abriu pola súa conta máis rúas novas durante os anos 60 e 90, en Xinzo que en toda a historia da nosa vila.  Mercou e urbanizou en terreos da súa propiedade, pola súa conta, todo o Polígono 2, lugar onde se colocou a placa, e tamén o polígono 1. Para rematar fixo unha declaración categórica dicindo que A pesar de todo non se fixo rico, xa que construía con moita calidade e vendía a prezo moi axustado, vivindo a día de hoxe modestamente no concello de Nigrán.

A continuación fíxoselle entrega dunha placa idéntica a que se coloco una rúa e un ramo de flores a súa muller.

IMG_8904Rosario, tomou a palabra tamén para agradecer este homenaxe ao seu marido para comentar algunha das anécdotas vividas naqueles anos.
Aquí deixou a súa vida, era de noite e levantábase a regar os xardíns, adicouse por completo a este pobo e recórdase, nos momentos de lucidez  cando a auga anegaba esta zona cando crecía o rio. Nunca regateou nada nos materiais de construción. Cada noite que había temporal botaba desperto por si voaban os tellados.
Non quixo esquecerse nestes momentos da súa “eterna secretaria” Rosita, que estaba presente e que non aguantou sen derramar unhas vágoas.
Rematou o acto o alcalde Manuel Cabas, para manifestar que era un gran orgullo e satisfacción homenaxear a un veciño que tanto contribuíu a que Xinzo non solo medrara pola estrada principal e tamén o fixera ao ancho.
Tanto ao principio como ao remate do acto os que foran colaboradores, subministradores e traballadores da empresa de Modesto manifestáronlle o seu cariño e afecto. Tamén como principio e final do sentido homenaxe .

A hora prevista chegou o homenaxeado Modesto Montero ata o lugar en que o concello decidiu colocar o monolito  que contén a placa que recoñece a súa contribución na expansión urbana da vila de Xinzo.

Moitos foron os veciños que se achegaron ata o lugar escollido para saudar ao homenaxeado que fai anos, que por mor da súa idade, se ausentou da vila para residir en Nigrán coa súa familia. 

Tomou a palabra primeiramente Carlos Gómez, no seu último acto institucional como concelleiro de Cultura, dinamizador da idea, segundo comentou posteriormente o promotor da proposta  Edelmiro Martínez.

Carlos agradeceu a presenza de tantos veciños no acto así como aos familiares de Modesto Montero pasando a palabra a Edelmiro Martínez, promotor xunto coa asociación Muiño da Lama da proposta de homenaxe que asinaron máis de 150 veciños.

Urbanizou e abriu pola súa conta máis rúas novas durante os anos 60 e 90, en Xinzo que en toda a historia da nosa vila.

IMG_8897Tocoulle a Miro Martínez facer a louvanza do homenaxeado comezando  por dicir que el fora o que presentara o escrito no concello no mes de decembro para o estudo da proposta e dende ese momento Carlos Gómez acolleu a idea como súa, póndose a fronte da proposta.

Na enumeración das cousas feitas por Montero, polas cales el iniciou a petición  encóntranse a de que abriu e construíu ao edificio da  Torre de Xinzo, o primeiro edificio que contaba con ascensor. Urbanizou e abriu pola súa conta máis rúas novas durante os anos 60 e 90, en Xinzo que en toda a historia da nosa vila.  Mercou e urbanizou en terreos da súa propiedade, pola súa conta, todo o Polígono 2, lugar onde se colocou a placa, e tamén o polígono 1. Para rematar fixo unha declaración categórica dicindo que A pesar de todo non se fixo rico, xa que construía con moita calidade e vendía a prezo moi axustado, vivindo a día de hoxe modestamente no concello de Nigrán.

A continuación fíxoselle entrega dunha placa idéntica a que se coloco una rúa e un ramo de flores a súa muller.

Rosario, tomou a palabra tamén para agradecer este homenaxe ao seu marido para comentar algunha das anécdotas vividas naqueles anos.

Aquí deixou a súa vida, era de noite e levantábase a regar os xardíns, adicouse por completo a este pobo e recórdase, nos momentos de lucidez  cando a auga anegaba esta zona cando crecía o rio. Nunca regateou nada nos materiais de construción. Cada noite que había temporal botaba desperto por si voaban os tellados.

Non quixo esquecerse nestes momentos da súa “eterna secretaria” Rosita, que estaba presente e que non aguantou sen derramar unhas vágoas.

IMG_8884