Dende a Limia
01:54 h. Miércoles, 20 de Junio de 2018

Nin a feira nin o tempo defraudaron

| 26 de Mayo de 2018 (17:50 h.)

Despois da noite que quedara onte, todos pensaban que unha das mellores feiras do ano en Xinzo estaría pasada por auga e que loxicamente isto afectaría  a afluencia de compradores, pero todo saíu ben.

catsDende a primeira hora da mañá e aínda cos postos a medio montar a xente acudiu a feira  para, como é costume nesta data, levar as mellores pezas para sementar.

Cebolas, pementos,de Oímbra,padrón…,verza branca e toda clase de planta  para sementar nos próximos días, se non esta mesma tarde.

Os postos mais concorridos eran os do lado dala da fronteira portuguesa, na zona de Chaves, Vila Real que foron os que segundo o público asistente traían o mellor material para plantar.

O día non podía estar mellor, posto que ata pola tarde non se nubrou o ceo ameazando outra vez tormenta.