Dende a Limia
17:37 h. Domingo, 25 de Febrero de 2018

Non faltou ninguén

| 21 de Enero de 2018 (02:12 h.)

1Nunha noite, case outonal,  e cunha praza Carlos Casares que se quedou pequena , soou o Petardazo 2018 que deu por comezado o Entroido deste ano.

Parece que ninguén se quixo perder este primeiro momento. Parte da rúa Curros Enriquez estivo ocupada por moitísimos seguidores do entroido Limián vidos dende as vilas achegadas e non tanto, que  non quixeron perderse o momento.

6

COMISIÓN E CONCELLO MOI SATISFEITOS

Nin que dicir ten, que os membros da comisión 2018 rigorosamente disfrazados acudiron ao balcón municipal, ó que non faltaron o Concelleiro de Cultura e o Alcalde, ataviado co seu uniforme tradicional de almirante. Todos eles manifestaron a súa ledicia por ver tanta xente gozando deste primeiro acto do entroido mais longo de Galicia.

cats15432

Como a imaxinación en Xinzo brota ao instante, os triunfadores da noite foron o grupo representativo do sorteo de Nadal, que deixou un "pellizco" na vila.

IMG_20180120_235232