Dende a Limia
18:09 h. Viernes, 17 de Agosto de 2018

Non sobrou fariña na capital da Limia

O. Ferreiro | 21 de Enero de 2018 (23:40 h.)
E Xinzo quedou cuberto por un fino manto branco.
E Xinzo quedou cuberto por un fino manto branco.

A festa máis importante do ano para a comarca da Limia xa chegou. Este domingo deu comezo o Entroido máis longo do mundo, o de Xinzo de Limia. Arredor das 16 horas da tarde comezaron a repartirse centos e centos de kilogramos de fariña na Praza Maior da vila. Aínda non eran as 17 horas e a capital da Limia xa era unha auténtica batalla campal de polvos brancos.

9653

Xente correndo e berrando por todos lados. O único propósito? Deixar o disfraz e a cara de todo fillo de veciño, branco até a punta dos pelos. E coneguírono. Nin sequera algún xornalista que andaba por alí a cubrir a festa se librou de ter que ir mudar a roupa se quería contar o que viu.

21_MG_3884_MG_3874

A sorte estivo en que, desta volta –non coma o ano pasado e outros moitos– o ceo tivo clemencia e non choveu. Así moitos evitaron converterse en bolos de masa andantes. Acabada a fariña, non rematou a festa. Isto segue e prolóngase outros cinco fins de semana máis.

_MG_3849_MG_3840_MG_3836_MG_3816

O domingo próximo, as prazas encheranse de olas de barro tradicionais para recibir o Domingo Oleiro. Isto sen esquecer as moitas actividades programadas nesta nova edición do Entroido de Xinzo de Limia.

_MG_3764_MG_3790_MG_3808