Dende a Limia
01:53 h. Miércoles, 20 de Junio de 2018

Novo abrazo ao río Limia-Lima

| 09 de Junio de 2018 (11:27 h.)

Onte  día 8 de xuño, tivo lugar o  xa tradicional  abrazo ao río Limia, na súa 8ª edición. Ás 11:00 da mañá, chegaban á Praza Carlos Casares os nenos e nenas dos colexios de Ponte de Lima, onde xa os esperaban os alumnos e alumnas de 4º dos nosos CEIP;  O mesmo tempo chegaba tamén o Cónsul honorario de Portugal   co obxectivo de apoiar este acto simbólico do  irmanamento da Cámara de Ponte da Lima e o Concello de Xinzo de Limia.

IMG-7071

Soaron gaitas, pandeiretas e tambores, por parte da Banda B da Escola Municipal de Gaitas e Percusión, para dar a benvida aos compañeiros e compañeiras de Ponte de Lima. Dentro da Casa de Cultura, ás 11:30, o Cónsul, o Veriador de Cultura de  Ponte da Lima,  o Alcalde de Xinzo e o Concelleiro Deportes, Educación  e Xuventude, Luís M. Gil intervindo para resaltar este acto de compañeirismo e igualdade que cada ano ser reforza. Asistiron por parte da corporación de Xinzo  outros concelleiros do grupo de goberno e do partido Socialista,así como a directora e o director dos centros Carlos Casares e Rosalía de Castro da Vila, que son realmente os creadores xunto cos de Ponte de Lima deste xa máis que tradicional abrazo ao río Limia-Lima.

Tras este acto,as nenas, nenos, mestres, mestras e autoridades, marcharon camiñando dá ponte peonil do río. Unha vez alí, comezaron a rodear a zona dados da man, ata conseguir ese simbólico abrazo ao noso río, tras escoitar unha lectura

de Delfín Caseiro.mosaico

 Aínda que nese momento, comezou a chover, non impediu que, antes da retirada cara aos colexios, plantásese un ginkgo biloba como símbolo de fraternidade e de vida, que é o que xera o río ao seu redor. Tamén se descubriu unha placa conmemorativa.

Despois do xantar, alumnas e alumnos portugueses puideron visitar o Museo Galego do Entroido e a continuación, en compañía dos nenos e nenas limiás foron ao nacente do noso río; na zona de Paradiña, no Concello de Sarreaus.

A xornada rematou  coa visita ao Festival de Xardíns de Allariz, onde Ponte da Lima ten exposto o seu.

IMG-20180608-WA0026