Dende a Limia
11:51 h. Martes, 16 de Enero de 2018

O Apalpador visitou hoxe a capital da Limia

O. Ferreiro | 23 de Diciembre de 2017 (22:10 h.)
O Apalpador con Celia, alumna do CEIP Carlos Casares.
O Apalpador con Celia, alumna do CEIP Carlos Casares.

O Apalpador deixouse ver polas rúas de Xinzo de Limia a dous días de visitar a casa de moitos nenos e nenas de Galicia. Esta mañá sorprendeu a moitos nenos e nenas e o dendealimia.com puido captar algunha imaxe do mesmo na Praza Maior da vila.

O Apalpador, Apalpa-Barrigas ou Pandigueiro é a figura mítica dun xigante carboeiro, ligado á tradición do Nadal do que existen testemuñas nas comarcas de Sarria, Quiroga, Lemos, Terra de Trives e os Ancares, aínda que se está a recuperar en toda Galicia. O Apalpador baixa a noite do 24 ou 31 de decembro segundo a zona, para visitar os nenos, tocándolles no ventre para ver se comeron abondo durante o ano, deixándolles unha presada de castañas, eventualmente algún regalo e desexándolles que teñan un ano novo cheo de felicidade e fartura, murmurándolles "así estexas todo o ano".