Dende a Limia
14:04 h. Domingo, 19 de Noviembre de 2017

A obra "América" de Xosé Lois Carreira, premio á mellor obra de autor galego na XII Bienal do Eixo Atlántico

O. Ferreiro | 13 de Noviembre de 2017 (23:32 h.)
Xosé Lois Carreira coa súa familia o día da inauguración da mostra.
Xosé Lois Carreira coa súa familia o día da inauguración da mostra.

A Bienal de Pintura Eixo Atlántico 2017 recoñeceu a obra do pintor e escultor limián Xosé Lois Carreira como a mellor obra de autor galego. "América", segundo o autor, está baseada nun relato homónimo de Iñaki Aranzabal e pertenceu ao proxecto expositivo Vidas Entrecruzadas onde se misturaba literatura, pintura, escultura e música.

IMG-20171110-WA0002

Os bisontes foron declarados especie protexida en risco de extinción e na  actualidade sobreviven confinados en reservas de América do Norte e Europa do Leste.

Para a duodécima bienal de pintura do Eixo Atlántico, o xurado seleccionou un total de 29 traballos inéditos (de entre os 120 admitidos a concurso). A mostra está composta por cadros de gran formato e enorme colorido, que permiten ver mostras máis clásicas en canto ás temáticas e as formas de pintar, a técnicas máis vangardistas e cunha aposta pola arte moderna.

IMG_20171111_160429

A inauguración serviu tamén para a entrega de premios aos gañadores desta edición, entre os que se atopa Carreira. Despois de estar na capital valdeorresa, a exposición cruzará a raia para viaxar a Viana do Castelo, e xa en 2018 percorrerá todas as localidades que forman parte do Eixo.