Dende a Limia
05:30 h. Martes, 25 de Julio de 2017

Órdago do alcalde aos membros da oposición

| 30 de Junio de 2017 (00:22 h.)

Onte  29 xoves, tocaba pleno ordinario da corporación de Xinzo, pero de ordinario so tivo o día e a hora.

Comezou a sesión con dez minutos de atraso, porque antes os portavoces dos partidos da oposición tiveron unha reunión no propio salón de actos para tratar de consensuar unha moción sobre o problema principal que se ía a tratar na sesión, cal era o da planta de bituminosos de Parada de Ribeira.

Este non sería o único parón. No apartado de rogos e preguntas e o comezo do debate das dúas mocións presentadas, unha da oposición conxuntamente e outra do grupo de goberno, o pleno parouse para que a Secretaria dera lectura a normativa para non deixar intervir nese momento o portavoz dos veciños, aínda que estaban todos de acordo, goberno e oposición, e tivo que facelo despois de tratarse o tema.

A seguinte interrupción foi solicitada polo portavoz do PP, López Casas, para intentar “in extremis” consensuar unha moción de apoio aos veciños por parte de tódolos membros da corporación.

 

REPRESENTACIÓN DOS VECIÑOS

Antes da hora de comezo tomaron asento entre o público unha ducia de veciños de Parada en representación da asociación e plataforma que está loitando para que non se leve a cabo a ampliación da canteira para produción de asfalto en quente.

Os puntos 2 e 3 da orde do día foron aprobados sen moito debate, posto que todos estaban agardando e gardando forzas para o tema estrela.

No punto terceiro aprobouse definitivamente o novo escudo da Vila e quedou para posteriores comisión conxuntas estudar propostas para a bandeira de Xinzo. A oposición tachou de estandarte a proposta levada ao pleno, e quedou aprobada provisional a esperas desas outras reunións.

A OPOSICIÓN NON QUIXO MOCIÓN CONXUNTA

271Pasouse logo o tema estrela do día, o das mocións presentadas pola oposición conxuntamente na que todos solicitaban a revogación da licenza a planta argumentando cada un dos grupos o que todos entendían como mala xestión por parte do grupo de goberno.

As declaración de cada un dos portavoces poderán escoitalas en arquivos ao longo do día en dendealimia.com.

Entre as propostas máis orixinais encontráronse a feita polo portavoz do XA, na que instaba ao alcalde a asinar a revogación e si era denunciado e condenado por prevaricación, el iria o xulgado autoinculparse tamén.

A portavoz do PSOE tamén se dirixiu ao alcalde para entre outras cousas decirlle que  “os informes múdanse eiquí e en Santiago, para a continuación pedir a anulación do acordo de concesión da licencia.

Tocoulle logo o quenda o portavoz do goberno para explicar que a comisión de goberno non tivo outra opción que a de conceder a licenza posto que si non estarían prevaricando, posto que a empresa ten tódolos informes pertinentes da Xunta e das outras administración en positivo.

López Casas, solicitou do alcalde un receso para ver de consensuar unha moción conxunta. O alcalde accedeu e fíxose un receso de dez minutos, pero o resultado foi negativo.

Foi entón cando tomou a palabra o alcalde para contestar a tódolos grupos, e aclarar , segundo el dixo, tódalas mentiras que os grupos foran vertendo aos veciños, alí presentes.

Foi ao final da súa intervención (terán o audio completo ao longo do día), cando  solicitou do portavoz do seu partido que lle entregara a cada portavoz da opoisicón o informe da Secretaría do Concello, no cal informaba da posibilidade de que calquera membro da oposición asinara esa revogación  por delegación de competencias. Ningún membro da oposición aceptou o reto e pasouse a votación das mocións.

Aquí houbo outro momento de confusión posto que a moción presentada polo PP, non era entendida polos concelleiros. Tivo entón que lela o portavoz do PP.  A mesma viña a dicir que o Concello de Xinzo oponse a instalación da devandita planta de bituminosos en Parada de Ribeira e que os veciños teñen o apoio incondicional para que as accións que emprenderán pola vía xudicial contra o acordo, chegue a bo termo.

A votación da moción dos grupos de oposición instando a revogación inmediata por parte do grupo de goberno obtivo os votos a favor dos membros da oposición  e a do PP tivo os votos a favor do seu grupo e abstención de tódolos demais.

O alcalde unha vez chegado a este punto deulle a palabra o representante dos veciños que ocupou un posto no estrado dos concelleiros.

Logo da súa intervención continuou o pleno cos rogos e preguntas entre os que destacou o acordo por parte de todos para elaborar unha ordenanza municipal referida aos animais de compañía e os que traen os circos como  teñen xa outros concellos de Galicia.