Dende a Limia
00:13 h. Domingo, 16 de Diciembre de 2018

O Pavillón de Deportes de Xinzo acolle este xoves a I Xornada Técnica da Pataca

O. Ferreiro | 20 de Febrero de 2018 (23:14 h.)
14681e87-9b9c-48f1-ba10-9f3e3af06ad7
14681e87-9b9c-48f1-ba10-9f3e3af06ad7

Fitoagraria organiza, en colaboración co Concello de Xinzo de Limia o Inorde, Timac agro, Agrícola Suárez e Sigfito; a I Xornada Técnica da Pataca. O evento terá lugar este xoves, 22 de febreiro ás 9:30 horas, no Pavillón de Deportes de Xinzo de Limia. Nel abordaranse temas de actualidade do sector relacionados con novas normativas e control sanitario.

Un dos obxectivos da xornada é achegar os novos requisitos, controis e normativas aos pequenos agricultores da comarca que aínda seguen métodos máis tradicionais. 

Os asistentes poderán desfrutar da ponencia dunha das persoas que máis sabe sobre o mundo da pataca en todo o Estado. Fernando Alonso, Director do Centro de Control de Patata de Castilla y León, impartirá unha conferencia a este respecto. Así mesmo, a continuación, celebraranse outras catro charlas que versarán sobre o control do aboado, o calibrado de maquinaria de semente, o control de residuos e algunhas das máis importantes pragas.