Dende a Limia
16:40 h. Domingo, 19 de Agosto de 2018

Os pequenos e pequenas do Rosalía tomaron o “asalto” o despacho do alcalde

| 25 de Enero de 2018 (22:11 h.)
Alumnado de 4 anos do CEIP Rosalía de Castro no despacho do alcalde
Alumnado de 4 anos do CEIP Rosalía de Castro no despacho do alcalde

Pasadas as 10 da mañá un autobús deixou no aparcamento do concello aos alumnos e alumnas de 4 anos do CEIP.Rosalía de Castro. Na porta do concello foron recibidos polo concelleiro de Educación Luís Miguel Gil, quen os pasou primeiramente ao salón de plenos, onde lle deu a ben vida e comezou a explicarlle que era e que significaba o salón no que se atopaban.

56

A continuación seguiu coa súa función de “cicerone” por tódalas  oficinas municipais  chegando no percorrido ao despacho da alcaldía, onde os esperaba o alcalde Antonio Pérez.

Enseguida os cativos se “apoderaron” da estancia, como se pode comprobar na instantánea, faltándolle asinar algún decreto, si estivera porriba da mesa.

O alcalde obsequiounos  cunha  gran bolsa de caramelos para que repartisen cos compañeiros que quedaran no centro.

VIDEOCONFERENCIA CON CRISTINA PATO

59Ao rematar a visita as instalacións do Concello  uníronselle os de 5 anos na Casa de Cultura para asistir a unha videoconferencia con Cristina Pato.

Esta videoconferencia estaba programada dentro do proxecto NOVE MESES, NOVE MULLERES, proposto polo profesorado de 5 anos, no que cada mes dedícanllo a unha muller galega de renome. Este mes tocáballe a gaiteira e pianista Cristina Pato.