Dende a Limia
19:30 h. Viernes, 21 de Septiembre de 2018

Pleno extraordinario de organización

| 10 de Abril de 2018 (20:50 h.)

Este xoves día 12  as 13:00 h celebrarase o pleno, para acordar como quedará o organigrama do Concello tras a dimisión de Antonio Pérez e a chegada de Ricardo Sieiro, quen ocupará o cargo de edil de Obras.

Un dos puntos que se tratarán no pleno falará do novo concelleiro, no cal se vai a determinar a súa nova situación pola que recibirá unha retribución bruta de 1,900 euros mensuales en 14 pagas.Cabe destacar que as citadas retribucións non serán compatibles co percibo de indemnizacións por asistencias ós órganos colexiados do Concello.

A continuación no apartado de control da actividade municipal o alcalde dará conta ao pleno as reesolucións da alcaldía en canto as  designacións de tenentes de alcalde, as do nomeamento
de membros da Xunta de Goberno Local e fixación do réxime de sesións, a da delegación de competencia xenérica e, para finalizar, a dación de conta de escritos dos membros do grupo
municipal popular designando portavoces e membros de comisións informativas