lunes 26.08.2019

Pleno ordinario con 8 rogos e 14 preguntas do Partido Popular

Parque para mascotas e proxecto de remodelación das piscinas exteriores entre as mocións aprobadas por unanimidade

IMG_20190808_190353
IMG_20190808_190353

Tarde de pleno ordinario con moito contido, aínda que son, de momento, poucos os veciños que se achegan ata a Consistorial para seguir os debates dos nosos políticos.

Oito foron as mocións presentadas polos distintos grupos políticos, sendo aprobadas por unanimidade sete. Na única que non estiveron de acordo foi na da renovación dos representantes municipais nos Concellos Territoriais da Propiedade Inmobiliaria.

ROGOS E PREGUNTAS EN CANTIDADE

IMG_20190808_190442

Dous meses despois dás eleccións municipais na que o PP, perdeu a maioría absoluta que viña ostentando 16 anos seguidos, tiña moita ansia de preguntas e rogos para que foran contestados polo grupo gobernante, antes posición.

A maioría dos rogos e dás preguntas foron respostadas, case que coa mesma “coletilla” por parte de Elvira Lama: Iso deberíallo preguntar vostede aos seus compañeiros de escano.

Esta case que foi o final de todas as respostas a preguntas feitas polo portavoz popular Toni. En tan pouco tempo, apenas 50 días este goberno non puido, segundo a alcaldesa mudar tanto a situación, aínda que en algúns casos, como o da limpeza, insistiu a Sra. Lama, en Xinzo nunca se fixera unha campaña tan importante e con tacto impacto.

Algunha das preguntas foi respostada tamén con moita ironía pola alcaldesa, posto que a resposta teríana que saber, precisamente os propoñentes.

Tamén a representante de Cidadáns, Montse Lama fixo un par de rogos e interesouse polo vinilo coa camiseta do Antela que se mostra nunha sala de apostas aberta estes días.

Anuncios varios

                               Non obstante as preguntas deron pe a que por parte de membros do grupo de goberno se fixeran algúns anuncios.

Un dos máis importantes foi por parte do concelleiro de Promoción Económica anunciando para este ano a celebración dunha FEIRA DA PATACA, ademais de outras ao longo do vindeiro ano, unha vez estean aprobados os presupostos, que como xa anunciara pola mañá iran previsiblemente no mes de outubro a un pleno para a súa aprobación