Sábado 23.03.2019

pleno ordinario mañá venres

Ás 12:00 na consistorial de Xinzo

Foto arquivo
Foto arquivo

A corporación municipal celebrará mañá venres un pleno ordinario a partir das 12:00 no que tomará posesión o novo concelleiro do PP Luís José Carrera Álvarez, en sustitución de Montse Lama que renunciou  para ir nas listas de Ciudadanos.

Dentro da orde do día trataranse temas como una transferencia de crédito así como un recoñecemento extraxudicial de crédito.

Tamén se levará a aprobación por parte dos grupos municipais que conforman o plenario una proposta de subida salarial para o persoal laboral e un plus de toxicidade para membros da brigada  de Medio Ambiente.

Outro dos puntos a tratar será a aprobación definitiva do novo deseño de escudo e Bandeira do Concello.

Outro dos puntos a tratar será a aprobación dunha moción conxunta de tódolos partidos representados na corporación para instar a Xunta a que financie a construcción dun auditorio para a vila.

Na quenda de rogos e preguntas o portavoz de Xinzo Adiante xa anunciou a semana pasada una interpelación ao gobernó sobre as xa famosas e controvertidas “lonas” do Entroido.

Ademáis deste tema controvertido e coa vista xa nas elección municipais e de esperar que o pleno sexa moi “movido” dialécticamente, se entende.

Para ver a orde do día completa prema aquí.