Dende a Limia
21:58 h. Sábado, 15 de Diciembre de 2018

A Policí Local e o Concello non chegan a ningún acordo na reunión desta mañá

| 27 de Septiembre de 2018 (18:21 h.)

Na reunión mantida esta mañá no Concello entre responsables do Concello , concelleira de persoal  ademais da Secretaria e adxunta, co representante da Policía Local, na cal ambas partes se comprometeron a levar a mesa un cuadrante, remato usen ningún acordo, e con manifestacións por parte dos Locais no sentido de que as cousas se poñen cada vez máis negras.

CASE SEN REPRESENTACIÓN POLÍTICA

O primeiro que manifesta o representante dos policías locais, e que é a primeira vez na que nunha mesa de negociación soamente falan dúas persoas técnicas, a Secretaria e a Adxunta. A concelleira non dixo nada en toda a reunión.

Non é normal que sexan unha funcionarias de alto rango leven a voz cantante ni¡o concello. Non hai forma humana de negociar cos políticos nin con outras persoas.

O representante  pensa que nesta negociación se vai a facer o que digan elas. Por el contrario neste concello, sempre tivemos negociacións nas que se chegou a acordos, pero parece ser que neste momento iso non interesa, foron palabras do representante dos membros da policía local.

PRESENTARÁN OUTRO CUADRANTE

Dicir que a policía local renunciou as horas extraordinarias dende agosto ata decembro do 2017. Sobre este tema se chegara a un acordo onde estaba o Sr. Casas, e tamén o actual alcalde no que si se contemplaba esta cuestión , pero coa condición que se aprobara a RPT, cousa que non vai a ser así, polo que falarían cos avogados do sindicato para ver que medidas se poden tomar, incluídas as xudiciais.

Outra das cuestións que introduciu con respecto aos funcionarios soamente, é a posibilidade de facer esa RPT solo para eles ou en último caso un acordo marco solo coa policía local, posto que este acordo é do 2003.

No momento das declaración  aínda non sabían se se aboarían as horas extraordinarias e as noites e festivos do 2018 de xaneiro a xuño.

Segundo seguiu manifestando o representante da policía para as dúas altas funcionarias deste concello,  é normal que os policías locais non libren ningún fin de semana ao longo do ano. Os policías locais de Xinzo non temos familia e non temos dereito a conciliación familiar.

Nos faremos unha contraproposta  con outro cuadrante e si non no lo aceptan será cuestión de seguir negociando, como sempre se fixo neste concello, ata chegar a un acordo, pero eu non vou funcionar con dúas  funcionarias.

Elas queren que se cumpra o horario, como non pode ser de outra maneira, pero…sempre hai unha flexibilidade.