Viernes 15.02.2019

Despois de varios retrasos por problemas administrativos

Comezaron as obras na rúa do Peto

Despois de un ano de estar anunciadas as obras de remodelación da rúa do Peto, hoxe comezaron as obras pola parte posterior, segundo se mira dende a Avd/ de Ourense.

Varios problemas administrativos e despois de varias adxudicacións , hoxe deu comezo o valado da rúa e as primeiras catas.

As obras segundo o prego de condición técnicas de execución, teñen que estar rematadas en 30 días, polo que para os días grandes do Entroido, xa estará totalmente operativa.