Dende a Limia
00:55 h. Miércoles, 22 de Agosto de 2018

O PP saca adiante todas as propostas levadas ao pleno

| 10 de Mayo de 2018 (23:51 h.)

Despois da aprobación da acta do pleno anterior, o primeiro punto aparecía unha moción conxunta  de todos os partidos na que se inste ao goberno central  ó cambio do Código Penal, no referente a violencia de xénero.

O segundo punto da orde do día que foi tamén apoiada por todos os ediis  referíase a proposta dos Socialistas para instar a Xunta para que constrúa unha nova residencia para maiores.

Segundo informou Elvira Lama, na defensa da proposta, nestes momentos xa hai falta de prazas para atención aos noso maiores, e loxicamente polo camiño que leva a poboación cada vez serán mais as necesidades.

A  moción foi aprobada por unanimidade.

A unanimidade rompeuse na seguinte proposta  referente a firma dun convenio coa Xunta, para que nas próximas necesidades de  policía Local e auxiliares, o proceso de selección o faga directamente  a consellería correspondente. Este acordo foi asinado pola FEGAMP xa no ano pasado.

Os membros de Xinzo Adiante votaron en contra por considerar que esta competencia ten que quedar no concello e non perdela a mans da Xunta.

56 persoas están en lista de espera na atención domiciliaria

248O partido do goberno solicitou a declaración de urxencia para unha moción na que se solicitaba  a Modificación de Crédito, posto que nos estudos levados a cabo polos SS.SS. do concello informan que neste momento hai 56 persoas que teñen dereito a atención domiciliaria, pero a partida orzamentaria quedouse curta.

Aprobouse a urxencia por unanimidade e o alcalde defendeu  a necesidade de cambio de partida por importe de 33.400 € que sería o custe deste servizo a estas persoas. O resto do custe será achegado pola Xunta de Galicia.

O problema que xurde é que o concello non pode contratar a mais persoal para estas función, co que no seguinte pleno traerase a proposta de contratación do servizo a unha empresa.

Elvira Lama, apoiou  a modificación de crédito, posto que si esas persoas o necesitan haberá que facelo para dar o servizo.

Manolo Pérez Campos, en representación do grupo de Xinzo Adiante explicou que  eles votarían en contra porque isto o único que demostra é que o PP quere privatizar o servizo.

A proposta  aprobouse cos votos do PP e dos Socialistas.