Dende a Limia
00:55 h. Miércoles, 22 de Agosto de 2018

Os presupostos do 2018 irán o pleno do xoves 26 para a súa aprobación definitiva

| 19 de Abril de 2018 (21:27 h.)
Manuel López Casas -Alcalde
Manuel López Casas -Alcalde

Varios foron os reparos que o Ministerio de Facenda lle fixo aos presupostos aprobados inicialmente no mes de decembro.

Entre as matizacións feitas polo  Ministerio de Montoro figuran  unha redución da recadación prevista inicialmente de 100.000 € no imposto ICIO, no que os técnicos de facenda consideran que solo se van a recadar 82.000.

Tamén puxo obxección na contía de 3.200 € que o concello ten que devolver a un veciño que renunciou en tempo e forma a unha obra, e que o concello non meteu nos presupostos deste ano.

Tamén obriga ao concello a reducir  o gasto corrente nun 5% aínda que o Concello teña superávit dos dous exercicios anteriores. Esta partida suporá unha diminución no gasto corrente isto duns 230.000 €. O alcalde entende que tal e como están as arcas municipais cun superávit de mais dun millón de euros no 2017,   non suporá ningún trastorno para a execución de todo o que se pretende neste 2018.

Outra das cuestións, que o alcalde considera “case ridículas” e o incremento do 0,91% na partida de salarios, posto que este ano as dúas incorporacións da policía local teñen que cobrar. Esta cuestión foi rebatida polos técnicos do concello e espera que non teña mais percorrido.

PERÍODO DE PAGO DE FACTURAS

Unha vez que xa hai acordo con Gas Natural Fenosa para o pago das facturas en catro anualidades o noso Concello aparecerá xa nas estatísticas de Facenda como uns dos que mais pronto pagan as facturas aos seus  provedores, moi por baixo do tempo mínimo legal.