Dende a Limia
14:08 h. Domingo, 19 de Noviembre de 2017

Os presupostos mais sociais da historia de Xinzo

| 09 de Noviembre de 2017 (21:46 h.)
Antonio Pérz, alcalde de Xinzo
Antonio Pérz, alcalde de Xinzo

Antonio Pérez, alcalde de Xinzo, deu hoxe un avance do que será a proposta de orzamentos do Concello para o ano 2018 e que serán aprobados inicialmente nun pleno extraordinario a celebrar a finais deste mes de novembro.

OITO MILLÓNS CINCOCENTOS MIL EUROS

Esa será a cifra aproximada á que ascenderán os presupostos que estes días os técnicos do Concello están a dar os últimos axustes e informes para poder levalos a un pleno extraordinario este mesmo mes de novembro. Ao igual que ocorrera cos presupostos deste exercicio, neste caso será a segunda vez na historia recente do noso concello en que os presupostos se leven a súa aprobación antes de rematar o ano.

Deses oito millóns largos de presuposto, dúas serán as partidas que incrementarán a súa contía e das que o alcalde está moi satisfeito. A primeira a temas sociais nas que aparecerán subvencións nominativas a entidades sen ánimo de lucro, que desenrolan a súa labor social no concello e algunha delas de moi recente creación, pero ás que o Concello quere axudar dende a súa creación. Unha delas sería a recente formada asociación de comerciantes Pro Limia e a mais recente aínda Asociación de Produtores de pataca.

Tamén destacan as subvencións que  en principio se aprobarán dentro dos orzamentos para o ano 2018 a Limisi (10.000 €) e a Escola de Saúde da Limia.

CEN MIL EUROS PARA EMERXENCIAS SOCIAIS

Dentro dos presupostos deste exercicio tamén se contempla un orzamento de cen mil euros para asistencia social de emerxencia. Neste capitulo contémplanse axudas para damnificados por catástrofes e situacións de desafiuzamento e axudas varias para casos en que os servizos sociais coiden de extrema necesidade.

Estes van a ser uns presupostos totalmente sociais e inversores, esperemos que este ano os membros da oposición, non voten en contra, posto que os argumentos dos outros anos para facelo, era precisamente porque non había  un capítulo importante de inversión e sobre todo para temas sociais.

O capítulo de inversión está pendente do resultado das partidas do capítulo 1 (Persoal), que é inamovible o dos gastos correntes . Creo que para inversión poderemos aplicar o dobre dos pasados.

OBXECTIVO DE REDUCIÓN DA DÉBEDA AO 40%.

523Outro dos obxectivos para este ano 2018 será deixar a débeda do Concello ao 40%. Recordaba Pérez, que cando eles se fixeron cargo da administración do Concello ésta era do 138%.

Dentro das partidas deste 2018. Farase unha redución da débeda do Concello de mais de 400.000 €. Neste momento o Concello solo ten a débeda a longo prazo co Estado polo famoso crédito de provedores. No banco nestes momentos temos saldo positivo, cos gastos fixos de persoal e SS.SS cubertos para fin de ano e unha póliza aprobada con Abanca de 500.000 € ao 0,3% de xuro, sen haber utilizado ningún euro.  Debido a que as condicións son vantaxosas e que os bancos xa nos queren prestar cartos, solicitouse por si houbera algunha emerxencia.