Martes 19.03.2019

Primeira pedra para unha Feira da Pataca en Xinzo

Os productores de pataca da Limia, toman a iniciativa

As dez da mañá no concello de Xinzo terá lugar unha reunión na que participarán a asociación de  Produtores de pataca da Limia, a asociación de comerciantes, o Inorde  o Consello regulador da IXP e os almacenistas para toma de contacto e poñer en marcha unha mesa de traballo para dar forma a unha Feira da Pataca.

Esta primeira Xuntanza na que estarán representantes do concello de Xinzo foi promovida pola Asociación de Produtores de pataca.