lunes 21.10.2019

Primeiro pleno ordinario da nova corporación

Mañá xoves 8 de agosto ás 19:00

Mañá xoves, no novo horario proposto polo novo grupo de goberno, a corporación nacida dás eleccións do 25 de maio último, celebrará  a súa primeira sesión ordinaria correspondente ao mes de agosto.

As propostas que levan os partidos da oposición e do goberno, a “priori”, non parece que vaian a ter moito debate. A maioría  entendemos que van a ser aprobadas por unanimidade.

Non obstante este será o primeiro pleno desta lexislatura no que o partido na oposición, o PP, terá posibilidade de formular rogos e preguntas ao novo goberno.

Como se aprobara no pleno organizativo o horario da sesión plenaria será ás 19:00. Este cambio foi a proposta do grupo de goberno, para que sexa máis doado para os veciños e veciñas que queiran asistir o poidan facer.

Para  ver a orde do día, prema aqui.